Medio Rural e concello de Beariz avanzan na mellora de infraestructuras viarias no municipio
O conselleiro do Medio Rural, José González, mantivo un encontro de traballo co alcalde do concello de Beariz, Manuel Prado, para coñecer de primeira man as necesidades e demandas dos veciños deste municipIO relativas ao agro. Así, ambos dirixentes analizaron a posibilidade de mellorar as condicións de vida dos residentes nas áreas rurais mediante o acondicionamento das principais vías de comunicación e doutras infraestruturas.
Así, o conselleiro lembrou que a través do Plan Marco 2022-2023, que contempla preto de 18 millóns de euros en axudas para que os concellos galegos poidan mellorar os seus camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas, o concello de Beariz foi beneficiario dunha contía de algo máis de 40.000 euros, que se suma aos preto de 33.000 euros da convocatoria anterior.