Medio Rural valora o proxecto de dinamización da Aldea Singular de Alvite, en Beariz, como un exemplo a seguir en Galicia.

16, Novembro 2024

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, acompañada polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, visitou o concello de Beariz, onde puido comprobar de primeira man algúns proxectos que se levan a cabo nesta localidade para impulsar e dinamizar a súa contorna.

Durante o seu percorrido polo concello de Beariz, no que estivo tamén acompañada polo alcalde Manuel Prado, a directora xeral coñeceu a Botica de Doade, que actualmente actúa como un espazo divulgativo sobre a historia sanitaria da bisbarra.

Posteriormente trasladouse á aldea singular de Alvite, un espazo rehabilitado e que está a actuar como referente turístico da zona. Paz Rodríguez amosou o seu interese por estas iniciativas e valorounas de xeito positivo pola súa contribución á animación e ao impulso económico do municipio bearicense