A mesa do comercio local analizará a problemática de aparcamento nas rúas e a implantación da ORA
Os responsables do Centro Comercial Aberto e da Asociación de Comerciantes e Empresarios do Carballiño esperan que os novos gobernantes municipais do Partido Popular reactiven a "Mesa do comercio local", recentemente constituída, e que agora deberá renovarse na súa representación política, como consecuencia das eleccións municipais. Foi éste ún dos asuntos que se trataron na primeira reunión institucional que mantivo o Alcalde Argimiro Marnotes cós directivos de ambas asociacións e na que se abordaron outras cuestiós de interese para o comercio local, como a creación dun "centro de negocios" que quere poñer en marcha o novo goberno municipal carballiñés, a idea -salientou Manolo Blanco "Celta", ún dos asistentes a esta reuniíón- é "utilizar as instalacións que temos para que poida levarse a cabo esta iniciciativa, de orientación á xente que queira montar un negocio, e tamén de información e tramitacións de subvencións, asi como de calquera trámite e contactos necesarios para poñer en marcha un negocio, consideramos que é unha idea moi interesante tanto para o Concello como para nós". Os comerciantes agardan que sexa a través da "Mesa local do comercio" ónde poida chegarse a un acordo sobre a implantación ou non da ORA nas rúas carballiñesas, unha vez que o novo goberno do Concello é partidario de negociar coa empresa concesionaria da súa explotación a rescisión da adxudicación adiministrativa feita polo anterior goberno muncipal, a este respecto Manolo Blanco é partidario de buscar algún tipo de solución para solventar a carencia de aparcamentos nas rúas do Carballiño "nós eramos partidarios de probar coa ORA, pero díxosenos que o Partido Popular estudiaría outras posibilidades, e nós apoiarémos calquera outra solución, porque para o comercio é un problema grave o que temos pola falla de aparcamentos, polo que sexa o parking non foi unha solución, e os nosos clientes queixanse de que non teñen onde aparcar", recalcou.