Miguel Anxo Fernández e José Manuel Prado reciben a "Arenteira 2013"
Tratase do galardón creado polo "Aparthotel Arenteiro" para recoñecer a traxectoria e valores de persoas e institucións das comarcas do Ribeiro e O Carballiño.
Os premios teñen dúas modalidades, cultura e ciencia, e deportes. Os galardóns son concedidos por un xurado que preside o historiador Xosé Lois Sobrado, e consiste na entrega dunha escultura de Acisclo Novo.
Na modalidade de cultura e ciencia a II Edición da Arenteira correspondeu ao carballiñés Miguel Anxo Fernández, do que o xurado valora " a súa longa dedicación, formación, e a súa traxectoria profesional e a súa aportación e implicación persoal co mundo da cultura carballiñesa e galega, especialmente co mundo do cine".
Na modalidade de deportes, a Arenteira 2013 é para o deportista paralímpico José Manuel Prado, que formou parte do equipo español de boccia nas pasadas paralimpiadas de Londres, o xurado tivo en consideración "os valores de superación diaria, do seu esforzo, do sacrificio e da súa constancia no so na actividade deportiva senón tamén na súa vida cotiá".
No acto de entrega celebrado no salón central do "Apartarthotel Arenteiro" deronse cita unha numerosa representación da sociedade carballiñesa, que acompañaron aos dous premiados.