Miles de persoas citanse no Carballiño na gran "pulpada mundial"
Outro ano máis a Festa do Pulpo volveu demostrar o seu gran poder de convocatoria ao atraer a miles de visitantes ata O Carballiño, 80.000 persoas -según os datos facilitados desde o Concello- deronse cita este fin de semana, tanto no casco urbano como no parque municipal, ónde a hora do xantar era misión imposible encontrar unha mesa dispoñible entre os restaurantes ambulantes que se intalaron na zona central do parque carballiñés.
Mesas de familia, de amigos ou peñas repartidas por todo o parque prolongaron a festa ata ben entrada a tarde, e no recinto do concello a sobremesa tamén se alongou por máis tempo en relación a outros anos, acaso debido a expléndida meteoroloxía, apenas 24 graos, ideal para a celebración, sen a excesiva calor doutros anos.
Na recepción institucional feita baixo carpa na explanada da entrada principal do parque homenaxeouse aos polbeiros e polbeiras de Arcos, a quen se lle dedicou esta 50 edición da festa, personalizandose ese recoñecemento na "Morocha", unha das máis veterenas pulpeiras de Arcos, que aos seus 89 anos dixo "que xa era hora de xubilarse e deixar paso aos máis xóvenes". O Alcalde do Carballiño fíxolle entrega dun agasallo conmemorativo, consistente nunha pintura de Juan Valcárcel alegórica da feira. Tamén recibiron esta obra o resto dos representantes institucionais, entre eles a Secretaria Xeral de Turismo, Carmen Pardo, que recordou como "por fin esta festa xa está desde este ano declarada de interés turístico nacional".
O Alcalde Argimiro Marnotes, comezou a súa internvención dirixindose a un grupo dunhas 150 persoas que se manifestaban contra a instalación da incineradora, "boas tardes a todos e boas tarde á xente do Irixo, esperamos que moi pronto teñamos noticias e que esas noticias sexan as que todos esperamos", as palabras de Marnotes foron recibidas con aplausos por parte dos manifestantes, que en todo momento gardaron silencio e levaron a cabo unha protesta "respetuosa coa festa", como indicaron.