Millón e medio de euros para completar o Parque Arqueolóxico de San Cibrán de Lás
Unha resolución da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia do pasado dia 13 de abril, fixou un orzamento base dun millón e medio de euros para a licitación -mediante concurso público- do contrato de suministración e instalación de equiupamentos culturais do Parque Arqueolóxico de San Cibrán de Lás, nos Concellos de San Amaro e Punxín. O prazo para a presentación de ofertas será atá o dia 16 de maio, e periodo de execución do contrato, unha vez adxudicado, será de 300 dias naturais. Os criterios e condicións detalladas do contrato poden consultarse no perfíl do contratante da Consellería de Cultura.
O Alcalde de San Amaro, Ernesto Pérez, salientou -nunha entrevista na MAÑÁ DE COPE O CARBALLIÑO, a gran dimensión deste proxecto cultural, xa que se trata "dunha das actuacións máis ambiciosas da Consellería de Cultura en matería cultural, e desde logo do maior equipamento cultural da nosa Comarca". Os investimentos feitos neste proxecto cl superarán os seis millóns de euros, aportados pola Consellería de Cultura e o Ministerio de Fomento do Goberno Central. O rexidor municipal agarda que a finais do ano 2010 este Parque arqueolóxico de San Cibrán de Lás poida recibir os seus primeiros visitantes.