Misión cumplida: O Arenteiro seguirá sendo de Terceira División por terceira tempada consecutiva
Os verdes comezaban o partido ante o Centro de Deportes Barco con 47 puntos no seu casilleiro, que tal como se vaticinaba resultaron sufientes para acadar o obxetivo e conseguir que o Arenteiro e a súa gran afección sigan gozando do fútbol da terceira división.
Malia que o Celta B caeu a postos de "playout", o que eleva a 7 os posibles descensos na terceira división, o Arenteiro consigue estar a salvo ao deixar por abaixo na clasificación a 7 equipos, os catro directamente descendidos Porriño, Boiro, Ribadumia e Laracha, aos que se suman os 3 descensos condicionados de Céltiga, Paiosaco e Somozas, os 3 pendientes da sorte que corra o Celta B no "playout" ou o posible ascenso dun dos catro equipos de terceira que promocionan: Racing de Ferrol, Bergantiños, Compostela e Alondras.
No partido que baixaba o telón da tempada, os valdeorreses lograron a victoria por 0-1, que lles resultou estéril para entrar en postos de promoción de ascenso, xa que o Alondras tamén gañou en Carballo o seu partido co Bergantiños.
O Arenteiro seguirá desta maneira e por terceiro ano consecutivo gozando da terceira división nacional, tras completar unha tempada 2018-2019 que estivo plagada de diversas dificultades, pero das que o equipo soubo saír a flote, cun meritorio final de curso, cando máis necesario e determinante era, o equipo soubo dar a talla.
Para ver a ficha do partido sigue a seguinte ligazón: http://www.futgal.es/pnfg/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=459802