Mofa e Befa abre a programación do Festival de Teatro Galego 2013

2, Setembro 2013

Tralo paso das Xociviga tocalle o turno ao teatro, que ten o seu protagonismo atá o venres dia 6 de setembro con dous espectáculos diarios, maxia e talleres de malabares e instrumentos.

O Festival está organizado pola asociación FETEGA, coa colaboración de varias entidades privadas, asi como de AGADIC, Deputación Ourense e Concello do Carballiño.

"Mofa e Befa" abrirá as representaicóns no auditorio ás dez e media da noite deste martes dia 3 coa comedia "Románticos", cun reparto a cargo de Evaristo Calvo, Victor Mosqueira, Quico Cadaval e Piti Sanz. Antes, ás seis e media da tarde na pista roxa, a compañía Fantoches Baj presentará o espectáculo infantil "Velocíclopes".

O mércores 4, os actores Luis Iglesia e Xabier Deive presentan o drama "Gaivotas Subterráneas", e na sesión infantil da tarde Teatro Babaluva representa "Babacontos".

O xoves 5, chega á programación do festival a compañía "Talía Teatro" cunha obra de intriga " O método Gronholm", e para os nenos "A casa dos xogos" da ludoteca Xiramundos.

O venres 6, entrega dos premios FETEGA, no transcurso dunha gala que animará Carlos Blanco co seu espectáculo " Ao vivo...de momento". Na pista roxa repetirá actuación a ludoteca Xiramundos.

Ademáis, a diario en horario de 11 a 13,30 e de 17 a 19 horas, terá lugar un taller de malabares e instrumentos, e nas tardes do xoves e o venres haberá actuacións de máxia nos establecentos colaboradores.