Moito teatro, e tamén cine, música, exposicións, e actividades literarias e infantís, no Maio Cultural do Concello do Carballiño
Máis dunha vintena de actividades culturáis desenvolveranse no Carballiño durante o mes de maio co gallo da celebración das Letras Galegas.
Teatro, obradoiros, concertos, exposicións fotográficas, animación á lectura, así como sesións de cine club, sucederanse durante todo o mes no auditorio, na biblioteca, na Casa da Cultura e ao aire libre, ademáis doutro tipo de actividades, como a edición dun marcapáxinas cnmemorando á escritora homenaxeada pola festividade Letras Galegas.
En canto ás representacións teatrais, destacar a Mostra de Teatro da Escola Municipal de Teatro, o sábado, 5 de maio; a compañía de teatro Matrioska, coa obra “Señora que pasea pola rúa con dous cans preciosos”, o domingo, 5 de maio; A compañía Títeresficcións, coa obra teatral para bebés “Chove”, o domingo, 13 de maio; a compañía de teatro Malasombra, coa obra “D.E.P. Unha comedia de morte”, o sábado, 19 de maio. Todas as obras Terán lugar no auditorio municipal.
O coservatorio de música ofrecerá o 15 de maio un concerto no auditorio polas Letras Galegas, e a Escola Municipal de Danza realizará unha mostra de danza o domingo, 27 de maio.
Ambos eventos tamén Terán lugar no auditorio. As sección infantil e xuvenil da Biblioteca desenvolverá dez actividades con contacontos e obradoiros, e o cine club Carballiño terá os venres as habituais proxeccións cinematográficas. Asemade, a asociación fotográfica O´Poriños desenvolverá un obradoiro e diversas exposicións.
Pola transcendencia, destacan dous eventos: o monólogo de Carlos Blanco, que terá lugar o sábado, 12 de maio, no auditorio municipal, e o festival RomeríaRock Arenteiro 2018, que se desenvolverá o 26 de maio na finca As Barcias do parque municipal.