Moldes acolleu o acto de entrega da XXXIII edición dos premios literarios Antón Losada Diéguez
O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, asistíu en Moldes (Boborás) ao acto de entrega da XXXIII edición dos Premios Antón Losada Diéguez, que recibiron Xosé Benito Reza, na categoría de creación literaria, por "Terradentro", e Xosé Luís Axeitos en investigación e ensaio, por "Manuel Antonio. Unha vida de rebeldía", as dúas obras publicadas por edicións Xerais de Galicia.
Os concellos de Boborás e O Carballiño convocan anualmente o Premio literario Antón Losada Diéguez coa colaboración da Xunta de Galicia e da Deputación de Ourense.