Monólogo verde en Espiñedo e máis preto do ascenso directo

26, Marzo 2023

O Arenteiro volveu a dar outro gran paso adiante para volver facer historia, ou o que é o mesmo, proclamarse campión da Segunda RFEF e ascender directamente á categoria superior, e fixoo tras derrotar ao Club Marino de Luanco ante preto de 2000 persoas no estadio de Espiñedo.

Non foi un partido vistoso, pero cunha historia que se repite esta tempada unha e outra vez, o Arenteiro somete e aburre ao rival de turno, marca un gol  -desta vez Alex Fernández- controla o partido con tal solvencia que non precisa de máis, e que pase o seguinte, que será o Compostela o próximo domingo no Vero Boquete de San Lázaro, un Compostela que nos útimos partidos foi incapaz de seguir o rítmo dun Arenteiro que chega a ese partido, que ata fai pouco presumíáse como transcendental, cunha vantaxe de 14 puntos. Quen o diría. 

Vídeo resumen do partido na Televisión de Galicia: https://www.g24.gal/-/o-arenteiro-conta-as-xornadas-para-certificar-o-as...

Cronica do partido en "La Voz de Galicia": https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2023/03/27/arenteiro-derri...