Montes convida ó Bng a negociar os orzamentos, o mesmo dia no que se reuníu a comisión de facenda
No mesmo dia no que estaba convocada a Comisión de facenda para fixar a postura dos grupos políticos en relación o proxecto de orzamentos elaborado polo grupo muncipal de goberno, o alcalde do Carballiño remitíu un escrito ó voceiro do Bng, Manuel Amil, solicitándolle a colaboración dos nacionalistas para a aprobación dos orzamentos deste ano 2009, e con vistas a convocatoria da sesión do pleno da Corporación Municipal, onde os socialistas están en minoria, polo que necesitan do apoio ou abstención dun dos dous grupos da oposición.
Na carta enviada por Montes o grupo do Bloque Nacionalista galego, o Alcalde convida formalmente ós nacionalistas a manter unha xuntanza o vindeiro lúns dia 11 de maio, para "analizar e consensuar as contas para este ano", según unha nota informativa difundida a última hora desta mañá polo gabinete de comunicación do Concello do Carballiño. A invitación chega nun contexto bastante paradóxico, xa que hoxe mesmo, tamén esta mañá, celebrouse a comisión de facenda, preceptiva á convocatoria do Pleno. Nesta comisión, tanto Partido Popular como Bng abstiveronse. Se mantiveran esta mesma postura no Pleno, o grupo de goberno non tería problemas para que os orzamentos resultasen aprobados, pero en ambos casos xa advertiron que necesitan aínda tempo para estudiar detalladamente a documentación e fixarán a súa postura definitiva na sesión plenaria da Corporación Municipal. Asi que calquera posibilidade está aberta.