Montes do San Trocado en San Amaro e de Astureses en Boborás rexistran os primeiros incendios da tempada na comarca
Despois dun verán no practicamente non se rexistraron incendios forestais na comarca carballiñesa, as altas temperaturas das útlimas semanas e a ausencia de chuvias elevan o risco de incendios forestais neste tempo de outono.
Na xornada deste martes 10 de outubro rexistrabanse os primeiros lumes da tempada na comarca, en concreto en montes da parroquia de Astureses, no concello de Boborás e no San Trocado, no concello de San Amaro, nos que desde última hora da mañá ardeu monte arbolado. Ao estar afectada unha superficie menor das 20 hectáreas, Medio Rural non aporta datos informativos.
No operativo de extinción traballaron durante horas catro hidroavións, dous helicópteros e varias brigadas de bombeiros da Consellería do Medio Rural, que controlaron os lumes no transcurso da tarde