Montes e Amil presentan o novo goberno municipal do Carballiño, no que a Alcaldia xestionará a área de persoal
Ningunha sorpresa nas áreas que xestionará o BNG, tal como lles vimos avanzando desde Cope O Carballiño, Manuel Amil será o novo concellleiro de obras, urbanismo e planificación urbanística, Bernardo García estará á fronte de medio ambiente, mentres que Aúrea Francisco -igualdadade e benestar social- e Maria Jorge -animación social- repartense a área de servizos sociais. As novidades están, pois, nas áreas que dirixirá o PSOE. José Antonio Barge, que se queda con seguridade cidadán, cede a súa responsabilidade en persoal, que asume directamente o Alcalde Carlos Montes. Inmaculada Ucha quedase con facenda e réxime interior, e perde cultura en favor de Asunción Rivero, que pasa a ser a súa nova titular e completará as súas competencias con educación e xuventude. Maria José Pérez ocuparáse de servizos públicos, participación cidadán e sanidade, deixando medio rural en favor de Edelmiro Mateo, que ademáis xestionará parte da brigada de obras. Manuel Dacal continúa en deportes, comercio e turismo, e Francisco Gómez en festexos, termalismo, industria e novas tecnoloxias.
O novo goberno municipal será efectivo desde o vindeiro lúns dia 2 de novembro, cando o Alcalde asine o correspondente decreto, e desde entón, os concelleiros e concelleiras terán xa competencias plenas nas súas respectivas áreas. E moi probablemente, o xoves dia 5 convocaráse o pleno da corporación muncipal, ó que se lle dará conta da nova estructura. En canto a xunta de Goberno, pasará a estar integrada polos socialistas Edelmiro Mateo, Inmaculada Ucha e Maria José Pérez, e os nacionalistas Manuel Amil e Aúrea Francisco.