Montes non ve motivos para a polémica na rúa rio Avia, que ten un ancho de 6 metros tal como figura no PXOM

30, Abril 2009

O Alcalde do Carballiño preguntouse hoxe onde están as irregularidades urbanísticas na rúa Avia, en contestación ás denuncias públicas que nos últimos dias veñen realizando veciños residentes nesta rúa. Montes asegurou que a edificación obxeto de polémica cumpre a normativa urbanística e o seu promotor incluso levou a cabo voluntariamente un retranqueo dun par de metros, polo que non entende as criticas veciñais. E tamén manifestou que a rúa terá un ancho de seis metros en todo o seu percorrido, tal como figura no Plan Xeral de Ordenación Municipal. Eso sí, haberá que esperar a que soliciten liña de edificación no solar máis próximo o paseo fluvial, xa que na actualidade "alí hai unha horta que terá que ceder unhos dous metros".

En relación o muro que se levantou por parte da Confederación Hidrógráfica con motivo da obra do paseo fluvial,e que impide o paso, deixando esta rúa sen saída , o Rexidor Municipal volveu anunciar que será derrubado proximamente, tan pronto se conte coa autorización da Confederación hidrográfica para actúar nesta zona, unha actuación que levará a cabo O Concello do Carballiño con medios propios, construíndo un acceso peonil ó paseo fluvial do río Arenteiro.