Montes presentou unha queixa ante a pirotécnia, polo pobre espectáculo dos fogos artificiais do dia 16
A cativeira sesión de fogos artificiais da noite do pasado dia 16, a primeira das dúas sesións destas Festas do Setembro, que tivo unha duración de apenas 10 minutos, motivou que o Alcalde do Carballiño - que exerce como Presidente da Comisión Organizadora- presentase unha queixa verbal ante os responsables da Pirotécnia contratada polo Concello do Carballiño para esta tirada, que non cumplíu coas expecfativas e defraudou pola súa breve duración. Montes traladou persoalmente a súa decepción ós piroténicos asturianos unha vez que rematou a sesión, e nunhas declaracións nesta emisora manifestou que "o resultado da sesión non se correspondeu co que se lle paga", ainda que non aclarou se lle pedirán responsabilidades por posible incumplimento contratual. Ademáis, Montes dixo que "o que non cumple nas festas ten un castigo", polo que esta empresa pirotécnica non volverá nos vindeiros anos ás festas carballiñesas, e como castigo ó paupérrimo espectáculo ofrecido.
As sesións de fogos artísticos é unha das actividades maís tradicionais e con máis gancho popular nas Festas do Setembro, sendo cada ano unha das actividades que maís público congregan, desde os tempos nos que estas sesións ainda se celebraban na praza maior, dáquela co espectácular fogo fixo, "as famosas rodas", como popularmente se lle chamaba no Carballiño. O certo é que , ainda sendo seguramente a actividade máis seguida da programación festiva, estas sesións foron perdendo bastante nos últimos anos debido o escaso orzamento que se destina por parte da Comisión de Festas á contratación destas sesións. E tamén cada ano descende o público, de feito o pasado dia 16 esta sesión foi, probablemente, a menos seguida dos últimos tempos. Unha magoa porque "os fogos do Setembro" é unha das actividades senlleiras que dan identidade ás Festas do Setembro.