Montes, presionado para que chegue a un acordo co Bng que podería formalizarse nas vindeiras semanas.
Primeiro, o rexeitamento por parte da Corporación dos orzamentos do 2009, e a conseguinte asfixia económica que se agravou aínda máis no Concello Carballiñés, sen posiblidade de poder realizar operacións de tesorería -tan habituais neste Concello- nin poder solicitar préstamos, e xa agora, os resultados nas elecións ó Parlamento Europeo rexistrados no Carballiño este pasado domingo, nos que o Partido Popular obtivo 400 votos máis que a suma Psoe-Bng, fixo saltar as alarmas, toda vez que o PP obtería unha ampla maioria absoluta se os resultados se extrapolasen a unhas eleccións municipais. As consecuencias poden ser inmediatas, e asi pudemos sabelo de fontes de toda solvencia, un sector do grupo de Psoe presiona a Carlos Montes para que acelere un acordo co Bng. Neso consistiría xa que logo o "plan B" ó que fai unhas semanas atrás se referira o Alcalde Carballiñés, un acordo que que serviría non só para garantir a aprobación dos orzamentos do 2009, que serían novamente presentados ante o Pleno da Corporación, senón que iría máis alá e buscaría un acordo estable para os dous anos que restan do actúal mandato muncipal, un acordo que se plasmaría entón nun novo goberno muncipal bipartito entrre socialistas e nacionalistas para gobernar conxuntamente o Concello do Carballiño nos dous vindeiros anos, e no que os concelleiros do Bng asumirían responsabilidades nalgunas das áreas do organigrama muncipal. Montes conservaría a Alcaldia do Carballiño e o Bng entraría a formar parte do Goberno Muncipal.