As mortes en España por COVID-19 equivalen xa á poboación da comarca do Carballiño, según os datos deste domingo
As persoas oficialmente falecidas por coronavirus en España, según os datos actualizados este domingo dia 10 de Maio, son 26.621, unha cifra que deixaría sen habitantes á comarca do Carballiño, que no conxunto dos nove concellos que a integran suma 26.589 habitantes, según o último padrón de 2019.
Se compararamos o número de falecidos no conxunto de España co padrón de habitantes da nosa comarca - a de máis poboación da provincia- pode axudarnos a tomar conciencia do drama e das súas dimensións.
Entre a veciñanza residente na comarca non está rexistrada a dia de hoxe ningunha vítima por Covid-19, pero sí entre veciños naturais da comarca e residentes noutras localidades, polo menos 7 vítimas do virus recibiron sepultura nos cemiterios parroquiais da comarca carballiñesa.