Move Boborás "critica as trabas que o concello pon aos veciños que solicitan copia do PXOM"
A Portavoz de "Move Boborás" afirmou sentirse sorprendida "despois de escoitar a moitos veciños que nos fixeron saber que solicitaron copia do plan e no concello estanllo negando". O documento que regula a ordenación urbanística no municipio de Boborás ven de ser aprobado definitivamente por parte da Xunta de Galicia, trala súa publicación o pasado venres dia 30 de setembro no Diario Oficial de Galicia. Eva Pardo asegura que "por lei calquera veciño ten dereito a unha copia do PXOM, tanto durante o seu tempo de tramitación como unha vez aprobado", polo que a concelleira sospeita "que o motivo polo que non queren entregarlle as copias é que cando viron a aprobación inicial a súa casa quedaba en solo urbanizable e agora xa non está, xa que se recudiron as zonas de solo urbanizable".
Pardo tamén criticou outros aspéctos do PXOM, como o lugar elexido para fixar o solo empresarial "xa que se trata dunha zona na Almuzara con moitos propietarios, o que dificultará moito calquera proceso de expropiación", para "Move Boborás" houbera sido máis viable fixar esa ubicación en calquera das comunidades de montes do municipio, entre as que se localizan a carón das principais vias de comunicación, "os puntos fortes dos que fala Cipriano son os puntos maís débiles deste plan, ademáis de deixar a moitos veciños coas súas casas ilegais, tamén foi un desacerto comprar unha finca que valeu 21 millóns de pesetas e resulta que ao ser unha carballeira solo se pudo fixar unha parte como urbanizable".
A representante da oposición municipal tamén se referíu ao retraso de " 7 anos que se tardou en aprobar o plan", un retraso do que culpou ao rexidor municipal "pola súa falla de xestión, estivemos 7 anos sen poder pedir unha licenza de obra". Finalmente, Eva Pardo manifestou que "o que está contento con este plan é o Alcalde, porque pudo legalizar a súa casa".