Multitudinario entroido en Maside con record de participación de comparsas e carrozas, cunha gran demostración de humor e imaxinación.

20, Febreiro 2023

O lúns de entroido volveu ser multitudinario na vila de Maside, con record de participación de comparsas e carrozas.

Dende primeira hora da tarde os Felos fixeron acto de presenza como manda e ordena a tradición do carnaval masidao, despois comezou o gran desfile que convocou en Maside a practica totalidade das comparsas da nosa comarca.

O punto álxido da tarde-noite chegou coas carrozas de Parada de Amoeiro, maís de 30 unidades, que un ano máis fixeron un auténtico derroche de humor e creatividade.