Música, atraccións infantís, libros e as viandas típicas desta festa ancestral, no gran magosto familiar deste domingo na Insua dos Poetas
A Fundación Insua do Poetas, en colaboración coa Deputación de Ourense e os concellos do Carballiño, O Irixo, Boborás e Maside celebrará este domingo, 14 de novembro, un magosto infantil e familiar no espazo natural e cultural da Esgueva,na carballiñesa parroquia de Madarnás, con acceso dende a estrada O Carballiño-O Irixo, que tamén servirá para achegar aos máis novos á lingua propia e, sobre todo, a conmemoración do 101 aniversario da publicación do primeiro número da revista Nós.
A tradicional festa do San Martiño comezará ás 16.30 da tarde e incluirá actuacións musicais a cargo do grupo Chuches Amil,o cantautor Antonio Luz e o o grupo ToKaide, así como tamén coa animación de DjTibu e atraccións infantís. No capítulo gastronómico non faltarán as típicas viandas do masgosto: castañas, chourizos ou bica. Os cativos serán agasallados con libros.
A entrada é libre e de balde, e dende a Fundacíón Insua dos Poetas convidan ás familias, sobre todo con cativos, a vivir unha tarde de domingo gozando dunha festa ancestral como é o magosto, nun entorno natural e cultural como é a Insua dos Poetas. O tempo acompañará a celebración, según os pronósticos de Meteogalicia gozarémos este domingo dun dia con sol e temperaturas outonais bastante agradables.