Música e Teatro no Carballiño, e cine en Leiro e Cameixa, na axenda da fin de semana
Chega a primeira fin de semana de Setembro e faino cargada de teatro e cine, con boas propostas para non perderse.
O Carballiño
A Banda Sinfónica Xuvenil Galega ofrece un concerto o sábado dia 4 ás 19 horas na Praza da Veracruz.
O FETEGA presenta dende o domingo a súa programación, para ese dia no auditorio ás 22 horas está programada a estrea da obra do CDG Serva me, servabo te.
Antes, tamén o domingo día 5 na Casa da Cultura ás 19 horas o monólogo de Patty Diphusa-Malala Ricoy, que presenta o seu traballo Sexo seguro, seguro?
Leiro
O Novocine de Leiro continúa proxectando durante toda a fin de semana a película de animación "Bebé Jefazo negocios de famila" en sesión ás 16 horas" e ademáis estrea a película "Descarrilados", en sesións ás 18:15 e 20:30 horas.
Cameixa (Boborás)
O concello de Boborás continúa coa súa programación estival, para este sábado dia 4 de Setembro nova sesión de autocine no campo da festa de Cameixa, cine de comedia con Silvia Abril e Jordi sanchez en "Bajo el mismo techo".