Música no Irixo, danza e acrobacias en Boborás, cine en Cea e Leiro, e pulpo e folclore no Carballiño, as propostas da fin de semana

7, Agosto 2021

Encontro Musical na Praza Alcalde Manuel Penedo- Sábado 7 ás 19:30 horas

O concello do Irixo organiza unha gran velada musical na que actuarán a Banda de Gaitas e Danzas do Irixo, a Agrupación de Acordeonistas Terras de Celanova e o grupo de música folc "Leirabuxo".

Circo-Danza no campo da festa de Paredes (Albarellos)-Sábado 7 ás 19:30 horas

O concello de Boborás continúa coa súa programación de verán e desta vez ofrécenos un espectáculo de acrobacia aérea, xogo e voz cantada en directo con Sue Moreno e Maria Move, un espectáculo da productora Culturactiva.

Cine en Cea e Leiro-Sábado e Domingo

O concello de Cea converte a Praza Maior de Cea nun cine ao aire libre, ás 22:30 horas deste sábado, coa proxección da película Maria Soliña, coa presenza do seu director Ignacio Vilar, que ao rematar a proxección protagonizará unha charla-coloquio cos espectadores.

O Novocine de Leiro mantén en carteleira dúas películas esta fin de semana, que son "A todo tren, destino Asturias" e "Jungle Cruise"

Pulpo e folclore no Carballiño

20 pulpeiros e pulpeiras de Arcos instalan as súas caldeiras -sábado e domingo- no casco urbano do Carballiño, coincidindo coas Xornadas Gastronómicas do Pulpo, nas que 31 establecementos da hostalaría carballñesa ofrecen o menú típico da Festa do PUlpo.

Ás 20 horas do domingo, na Praza da Veracruz, actuación da agrupación folclórica galega "Cantigas e Agarimos".