Na provincia de Ourense a desescalada comeza o 4 de Maio e terá 4 fases, cada unha de dúas semanas. Consulta aquí paso a paso como será o regreso á nova normalidade.
A desescalada progresiva constará de catro fases no global do territorio español aínda que non todas as provincias chegarán a elas da mesma forma, en principio na nosa comarca igual que na provincia de Ourense e o resto de Galicia comezarémos a fase 1 o vindeiro dia 11 de Maio, antes completarémos a fase 0, que é a preparación, e na que xa nos atopamos e que permitirá novas actividades a partir do próximo lúns dia 4 de Maio. Acometeráse por provincias.
Se todo vai ben entrariamos na fase 2 o 25 de maio e a fase 3 o dia 8 de xuño.
A Fase 0, contempla a xa en vigor recentemente aprobada medida para os menores ou a proxectada para o próximo 2 de maio de saídas e exercicios individuais dos adultos, A partir do dia 4 de Maio abriranse algunhas actividades económicas, por exemplo, a apertura de locais e establecementos con cita previa para a atención individual dos clientes, a apertura de restaurantes con servizo de comida para poder levar a domicilio, sen consumo no local. O servizo, está claro, deberá prestarse coa máxima protección individual. Ao longo desta fase 0, vai intensificarse a preparación de todos os locais públicos con sinalización e medidas de protección para preparar o comezo do seguinte paso.
A Fase 1 ou fase inicial, iniciarase o 11 de maio e permitirá o inicio parcial de certas actividades como a apertura do pequeno comercio baixo condicións estritas de seguridade, excepto os centros ou grandes parques comerciais, onde son máis probables as aglomeracións e increméntase máis a mobilidade para desprazarse ata eles; en restauración, a apertura de terrazas con limitacións de ocupación ao 30%; en hostalería, a apertura nesta fase primeira de hoteis e tamén aloxamentos turísticos excluíndo zonas comúns e con determinadas restricións que serán expostas na consecuente Orde por parte do Ministerio de Sanidade. Na apertura de locais na fase 1 incluirase un horario preferente para maiores de 65 anos, que son o colectivo máis vulnerable ao COVID-19. No sector agroalimentario e no sector pesqueiro renovaranse as actividades sobre as que se mantiñan restricións. Os lugares de culto poderán abrir limitando o seu aforo a un terzo. No ámbito deportivo tan so se autorizan as actividades deportivas de carácter profesional. No caso do transporte público, o uso da máscara estará altamente recomendado en todas as fases incluída a nova "normalidade".
A Fase 2 é a fase intermedia: se se cumpren as condicións e os marcadores estipulados, en restauración, abrirase o espazo interior dos locais cunha ocupación dun terzo do aforo e garantías de separación e só para servizo de mesas e esta fase iniciaríase, como moi pronto, o 25 de maio. Aínda que o curso escolar comezará en setembro, nesta fase II existen algunhas excepcións para reabrir centros educativos con tres propósitos: as actividades de reforzo, garantir que os nenos menores de seis anos poidan acudir aos centros no caso de que ambos os pais teñan que traballar presencialmente e para celebrar a EBAU. Renovarase a caza e pesca deportiva. E en canto ao lecer e a cultura, reabriranse os cinemas, teatros, auditorios e espazos similares con butaca preasignada e unha limitación de aforo dun terzo. Tamén serán posibles nesta fase as visitas a monumentos e outros equipamentos culturais como salas de exposicións e salas de conferencias cun terzo do seu aforo habitual. E poderanse celebrar actos e espectáculos culturais de menos de 50 persoas en lugares pechados cun terzo do aforo; e se é ao aire libre serán posibles cando congreguen a menos de 400 persoas, a condición de que sexa sentado. Os lugares de culto deberán limitar o seu aforo ao 50% nesta segunda fase.
A Fase 3 é a fase avanzada e terá lugar, como moi pronto, o 8 de xuño sempre e cando a provincia que cumpra os requisitos e que sigan vendo a redución da impregnación do virus. Nesta fase, a última ata recuperar a "nova normalidade", flexibilízase a mobilidade xeral, aínda que se manterá a recomendación do uso da máscara fose do fogar e nos transportes públicos. En canto ao ámbito comercial, limitarase o aforo ao 50% e fixarase unha distancia mínima de 2 metros. Na actividade vinculada coa restauracion, suavízanse algo máis as restricións de aforo e ocupación, aínda que se manteñen estritas condicións de separación entre o público.