Nace a Asociación de Empresarios e Comerciantes do Irixo
A xunta xestora, que desde fai aproximadamente un ano ven traballando na xestación deste proxecto, convertiráse proximamente na primeira Xunta Directiva da nova asociación, á que xa se sumaron 20 empresarios e comerciantes que desenvolven a súa actividade no municipio do Irixo. Pendentes agora mesmo de completar algunhos aspectos formais, a nova asociación xa tramitou todo o proceso administrativo para proceder o seu recoñecemento e legalización.
Entre os primeiros obxetivos que se marcn os promotores da asociación está a creacíón de solo industrial no Concello do Irixo. De feito, xa se mantiveron os primeiros contactos cos responsables municipais para traballar conxuntamente na consecución deste obxetivo.
Pola súa parte, o alcalde do Irixo, Manuel Penedo, valorou moi positivamente o nacemento desta nova asociación e comprometeu toda a axuda municipal posible coas actividades e iniciativas que vaian desenvolver. En relación a demanda de promoción de solo industrial no municipio, Penedo asegujrou que no futuro Plan xeral de ordenación muncipal do Irixo, na actualidade en fase de redacción por parte dos técnicos, xa se recolle esa posiblidade, e incluso apuntou a zona de A bugallleira como a elexida para ubicar o futuro parque empresarial do Irixo.