Nace a marca de calidade " Pulpo do Carballiño"
As 20 familias polbeiras da parrroquia de Arcos que integran na actualidade a recén creada "Asociación de pulpeiros do Carballiño-Arcos" levarán nas súas antucas, toldos e furgonetas o distintivo que desde agora identificará a marca rexistrada "Pulpo do Carballiño".
O logotipo representa a un polbo cos seus tentáculos dispostos en forma circular, representando o planeta terra, e coa lenda " Pulpeiros do Carballiño-Arcos". A inciciativa foi presentada pola Presidenta do colectivo Isaura González, a Concelleira de turismo Pilar Caride e máis o Alcalde Argimiro Marnotes, que resaltou "a impagable publicidade" que para O Carballiño e a festa do polbo representará esta marca corporativa "que difundirá o nome do Carballliño e da nosa festa do pulpo por todo o mundo".
Xunto ao logotipo da asociación, tamén aparecerá o nome da familia polbeira e a lenda " Festa do Pulpo - Segundo Domingo de Agosto". A Presidenta da asociación, Isaura González explicou que "a idea desta asociación xurdiu co obxetivo de recoñecemento a un oficio que ven de varias xeneracións, xa que para os que nos dedicamos a isto é un orgullo decir que somos pulpeiros de Arcos". Ademáis, desta maneira premiaráse a tradición xa que "aínda que a asociación está aberta a todos os que exercen como pulpeiros, a marca identificativa daráselles a aqueles que demostren máis de 20 anos de profesión".
Con este proxecto, Argimiro Marnotes recordou que o Grupo de Goberno cumple asi un compromiso adquirido no seu programa electoral "apoiar desde o Concello aos nosos pulpeiros e pulpeiras,sempre foi una idea que tiñamos, crear unha marca corporativa para os nosos pulpeiros que os distinga dos que non o son". O Alcalde invitou a este colectivo a participar activamente na organización da festa gastronómica carballiñesa, que este ano cumplirá o seu 50 aniversario.