Nace a primeira liga local de padel, tamén se creará unha escola de iniciación neste deporte

30, Outubro 2019

O próximo martes, 5 de novembro, dará comezo a primeira liga de padel do Carballiño, e o venres 8 de novembro o fará unha escola desta modalidade deportiva.

Trátase dunha inciativa da asociación Pídechas o Corpo en colaboración co concello, que foi presentada esta mañá pola concelleira de Deportes, Silvia Baranda, e o presidente da asociación, Pablo Abraldes.

Silvia Baranda tamén anunciou que a partir de xaneiro crearanse uns bonos para abaratar o prezo do uso das pistas de padel do pavillon de deportes Paco Chao, consistentes na reducción dun 30% do prezo actual. A finalidade, según dixo a concelleira, era facilitar o uso destas pistas e promover a práctica deste deporte dun xeito mais asequible.

Asimesmo, agradeceu esta iniciativa e asegurou que o concello ía a apoiar tanto a posta en marcha desta liga como da escola deportiva, xa que se trata dun deporte minoritario que precisa a colaboración municipal, e que a ía a ter.

Pablo Abraldes agradeceu este apoio e dixo que a liga permitirá multiplicar o uso actual das pistas e vestiarios de cara a promocionar este deporte que practican un grupo de xogadores do Carballiño e da comarca, e que esperan que se sumen máis xogadores doutras comarcas. E engadiu que a escola porá un monitor a disposición das persoas inscritas para dar clases de padel.

Para máis información dirixirse ao correo ascpidechasocorpo@gmail.com ou ben, para reservas de pistas, na área de Deportes do concello e chamando ao teléfono 662199721. Asimesmo, facilítase o teléfono de contacto do presidente da asociación 649668206.