Nace a Sociedade Solidaria de Boborás
O obxetivo primordial da nova asociación é colaborar co Banco de Alimentos no ámbito municipal do concello de Boborás.
A Sociedade Solidaria de Boborás contará ademáis coa colaboración do concello, que cedeu a esta nova asociación un local no consistorio. O alcalde, Cipriano Caamaño, confirmou nesta emisora de radio "o compromiso do concello para colaborar con esta sociedade", aínda que aclarou "trátase dunha iniciativa que nace ao marxe do concello, pola nosa parte cedemos e acondicionamoslle un local e agora asinarémos un convenio para regular esa colaboración".
Caamaño aproveitou a súa intervención radiofónica para "informar a todas as familias de Boborás que sintan que non poden atender necesidades básicas de alimentación, sobre todo a aquelas familias que teñan fillos menores e estean en dificultades, para que soliciten estas axudas".
A entrega de alimentos faráse con periodicidade mensual, e o primeiro reparto destes lotes procedentes do Banco de Alimentos faráse durante os próximos dias.