Nace a téxtil "La Atlántica Clothing ", que creará a liña de moda "Octavio" dende O Carballiño
A mascota oficial da Festa do Pulpo, Octavio, converterase en marca de prensas de roupa grazas ao acordo adoptado entre o concello e a empresa do téxtil, La Atlántica Clothing S.L, de recente creación e con sede no Carballiño.
No convenio cédese durante un ano, con posibilidade de prorrogalo, o uso deste logo tipo rexistrado a nome do concello, para que usar nas pezas que deseñen na citada empresa carballiñesa.
O alcalde do Carballliño sinalaba que, con este convenio, se amplía aínda máis o nome do Carballiño e se festa do polbo, grazas á mascota, que estará colocada nunha firma téxtil que vendará en toda España, "con intención de superar as fronteiras nacionais nos decatamos agora que, co rexistro a nome do concello, deste logo, fixemos unha grande aposta de futuro, como agora nos demostra o interese desta empresa", subliñou Marnotes.
Atlántica Clothing pretende crea unha liña de moda baseada en Octavio, con roupa de algodón para home, muller e nenos, e mesmo complementos do fogar como mandís, luvas de forno, e outras prendas.
A deseñadora desta empresa aseguraba que Octavio é un logo capaz de "namorar" rapidamente o comprador, e "por iso interesáronse nel cando viron un ao alcalde do carballiño cunha camisa que levaba este logo bordado nela".
No acto de presentación desta colección estivo presente o presidente do Centro Comercial Aberto do Carballiño, ao que a deseñadora asegurou que o desenvolvemento desta marca Octavio"debe ir da man de vós, os comerciantes da vila, e contando sempre convosco", a intención é que sexa o comercio do Carballiño o primeiro en poder vender este produto.
A idea de futuro é que Atlántica Clothing teña, ademais da súa sede social no Carballiño, tamén talleres onde se fabricaría esta liña deOctavio. Pola súa banda tanto Argimiro Marnotes como os responsables da empresa, sinalaron que Octavio non vai ser só unha promoción da Festa do Pulpo, senón do Carballiño, de forma que cando se vexa este logo en calquera das pezas, todo o mundo saiba que é do Carballiño.