Nais e pais de escolares do Calvo Sotelo manifestanse a favor da implantación da xornada continua
Un grupo de nais e pais do colexio púlblico Calvo Sotelo do Carballiño -arredor de 70- manifestaronse este mediodia na Praza Maior do Carballiño en favor da implantación da xornada única neste centro educativo, unha petición que está sendo contestada por outro sector de nais e pais, partidarios da continuidade do horario en horario partido, de mañán e tarde, como está fixado na actualidade. Non é a primeira vez que se plantexa este debate no seo da comunidade escolar, a implantación da xornada única, unha postura que sí é maioritaria entre o profesorado e mesmo no consello escolar do centro, tal commo se puxo de manifesto no acordo adoptado meses atrás, cando se solicitou da administracción que leve a cabo o proceso que regula o decreto para a implantación da xornada única. Precisamente, onte, a Consellería de Educación remitíu ó colexio o informe desfavorable en relación a esta petición no Colexio Calvo Sotelo, un informe do servizo do transporte escolar -que é vinculante- e que desautoriza esta peticiòn, ó entender que a xornada única provocaría trastornos co transporte que nestes momentos non poden ser asumidos. Un argumento que resulta esperpéntico para os pais partidarios da xornada única, ó entender que co novo sistema horario non se aumentaría o custo do servizo, tal como se manifesta no informe. A comisión de nais e pais que convocou a protesta desta mañá, pide que se revise ese infome, que se permita a votación na que os pais deberán pronunciarse nun ou noutro sentido, e de non ser así anuncian que levarán a cabo outras medidas de presión.