As nais primeirizas de Maside, cunha media de 24 anos, as máis xovenes entre os 313 municipios galegos
As mulleres que son nais primeirizas no concello de Maside son as máis xóvenes entre os 313 concellos galegos, según recolle o último informe sobre a idade media á maternidade do Instituto Galego de Estatística. E non so en Galicia, tamén están entre as máis xóvenes tanto a nivel español como europeo.
Según os datos disponibles, a media da idade das nais primeirizas no municipio de Maside está nos 24 anos, moi por debaixo tanto da media provincial como galega, na provincia de Ourense a media está nos 32,50 anos e en Galicia nos 31,67 lixeiramente superior aos 31 anos de media no conxunto de España.
E se nos fixamos nos datos publicados pola Oficina Europea de Estadísticas (Eurostat), vemos que a idade media á maternidade nos países comuniarios europeos sitúase sos 29,3 anos. As nais primeirizas máis xóvenes son as búlgaras, as que máis se aproximan as primeirizas de Maside, con 26,2 anos, seguidas das rumanas que presentan unha media de 26,7 anos e as eslovenas, con 27 anos de media. Italia é o país europoeo donde máis tarde as mulleres tiveron o seu primeiro bebé, aos 31,2 anos.
Asi pois, a idade media á maternidade en Maside -24 anos- fai que este concello teña as nais primeirizas máis xovenes de toda Galicia, dende logo, e moi probablemente entre as maís xóvenes de toda Europa.