Novas reunións da Mancomunidade para familias con nenos de 0 a 3 anos
A unidade de atención temperá dos servizos sociais da Mancomunidade de Concellos continuará en xuño as reunións informativas do programa de prevención e detección precoz entre nenos de 0 a 3 anos de idade. Tras as sesións xa celebradas nos Concello de Boborás e San cristovo de Cea, xa están programadas novas convocatorias que terán lugar o dia 2 de xuño ás 12 da mañá no centro de saúde de San Amaro, o dia 3 de xuño ás once da mañá na casa do Concello de Beariz, e finalmente, o dia 8 de xuño ás once da mañá na casa do Concello do Irixo. Para o desenvolvemento deste programa é imprescindible a colaboración dos pais e nais dos nenos, polo que se solicita ás familias residentes nos citatdos Concellos e con nenos comprendidos nestas idades para que asistan a estas reunións informativas.