Novas Xeneracións do Partido Popular entrega a Cáritas alimentos, roupa e xoguetes, reunidos na campaña de nadal
A agrupación local de Novas Xeraciòns de O Carballiño, fixo a entrega de alimentos, roupa e xoguetes dentro da campaña solidaria #RepartindoSorrisos a Cáritas parroquial e a Sociedade de San Vicente de Paul de Carballiño.
Na entrega de solidaria de alimentos, roupa e xoguetes estiveron acompañados polo presidente provincial de NNXX,José Antonio Parente, a Concelleira e deputada provincial, Teresa Cerdeira Valiñas e o concelleiro Magín Daparte.
O presidente provincial de Novas Xeraciòns, agradeceu aos mozos da organización local de Novas Xeraciòns do Carballiño e ao Partido Popular do carballiño o traballo realizado e a entrega feita a Cáritas, un agrademcento que fixo extensivo a todos os veciños e veciñas do carballiño pola participación nesta campaña de Nadal.