Novo record : unha ración de 260 kilos de polbo nun prato de 380 centímetros de diámetro
Misión conseguida, O Carballiño volveu establecer un novo record presentando o prato de polbo máis grande do mundo.
Desta vez, o novo record quedou fixado nunha ración de polbo á feira elaborada polas polbeiras de Arcos, empregando 260 kilos de polbo. Foi preciso utilizar un prato de 380 centímetros de diámetro, un prato de madeira que realizou a brigada de Obras do Concello do Carballiño na nave da Uceira. Para o seu transporte e instalación na Praza Maior precisouse dun camión-grúa.
O acontecemento volveu despertar unha gran expectación e resultou un completo éxito de público, que encheu a Praza Maior do Carballiño, consolidandose desta maneira como o acto máis multitudinario da semana festiva do polbo, que culminará o vindeiro domingo coa gran polbada mundial no parque municipal do Carballiño.