O 90% da poboación de San Cristovo de Cea xa dispón de acceso á internet
En menos dun ano o Plan de Banda Larga 2010-2013 da Xunta de Galicia posibilitou que preto de 2.000 veciños do Concello de San Cristovo de Cea, que carecían de acceso á Rede, teñan a posibilidade de conectarse a Internet. Isto supuxo incrementar nun 73% a porcentaxe de poboación con cobertura no ámbito xeografico deste Concello. Antes da posta en marcha do Plan tan só o 17% dos habitantes deste municipio dispoñían de acceso á Rede. Tras o despregamento de redes fixas e redes sen fíos nas distintas parroquias do Concello de Cea, a cobertura incrementouse ata máis do 90% da poboación. A previsión é que no 2013 o Concello acade de preto do 97% de cobertura a través deste tipo de redes, unha porcentaxe que chegará ata o 100% a través de satélite.
Unha das liñas de acción que o Plan desenvolve neste Concello de san Cristovo de Cea é a extensión de redes fixas, que está a realizar o operador Telefónica e que garanten unha velocidade de 6 Mbps. Para o despregamento destas infraestruturas de telecomunicación na Comunidade a Xunta concedeu a Telefónica o pasado mes de setembro unha subvención de preto de 5,3 millóns de euros, un plan que tamén abrangue a outros concellos galegos.. O operador Telefónica, tras o despregamento de redes no municipio ceano, mellorou a súa oferta na zona ofrecendo desde finais de 2010 un servizo de 10Mbps en lugar do de 6Mbps ao mesmo prezo. Ademais, os clientes dispoñen sen custe adicional dun sistema de almacenamento privado, “Terabox”, cunha capacidade de ata 100Mbps. Estas melloras forman parte dos compromisos acadados polo operador dentro do Plan de Banda Larga da Xunta.
O