O abandono do Camiño dos Arrieiros fai que sexa intransitable en moitos tramos, a ruta apenas tivo mantemento dende a súa creación en 2008
As queixas e denuncias acumulanse no Whassapp de COPE O Carballiño, e todas inciden no mesmo: a falta de mantemento é total nesta ruta de sendeirismo creada en 2008 polo concello do Carballiño e por medio dunha subvención do Ministerio de Medio Ambiente, daquéla dirixido pola ourensana Elena Espinosa, cunha inversión de 1,5 millóns de euros.
O certo é que en 12 anos apenas se realizaron traballos de mantemento, e nos últimos anos nin xiquera de desbroce, o que está provocando un deterioro de toda a ruta, dunha extensión de 17 kilómetros por sendeiros e camiños das parroquias de Partovia, O Barón e Mesego. En consecuencia, maleza por todas partes, desprendemento de muros enteiros, pontes a piques de derrubarse, árbores caídas, regatos cheos de lixo, e paneis e sinais informativas caídas, é a estampa coa que se encontran os sorprendidos sendeiristas.