O Alcade do Carballiño asegura que o proxecto de urbanización da Veracruz axustase a legalidade urbanística
O proxecto de urbanización do entorno da Veracruz axustase o plaeamento urbanístico vixente no Concello do Carballiño, alomenos esto é o que se recolle nunha contestación remitida ó Concello Carballiñés polo Director Xeral de ordenación do Territorio e Urbanismo da Xunta de Galicia. O escrito de contestación tén data de emisión o pasado 17 deste mes de abril, o derradeiro día en funcións da Xunta do bipartito. O punto discrepante entre o Goberno Municipal e o Partido popular refírese o ancho do vial de nova apertura que deberá comunicar a praza de San Ramón e a rúa Evairsto Vaamonde. No proxecto deseñado polo Concello este vial reducese a once metros de ancho, mentres que para o partido popular debería ser de 16 metros de ancho, tal como se recolle no Plan xeral de Ordenación Municipal. Sen embargo, entende o redactor deste informe da administración autonómica que unha modificación puntual do ano 2002 acordada para regular a contorna da Veracruz, recolle esa posibilidade, polo que se deduce que o proxecto presentado polo Concello do Carballiño axústase a legalidade urbanística vixente. O Alcalde, Carlos Montes, que deu a coñecer este infome, manifestou que atrás queda desta maneira "unha historia máis para non dormir do voceiro do partido popular", e adiantou que proximamente a Xunta de Goberno procederá a aprobación definitiva do proxecto.
Lo siento tu navegador necesita flash para ver este contenido
Declaracións alcalde de O Carballiño, Carlos Montes