O Alcalde de Boborás vaise cós socialistas ó Consorcio do Noroeste
O Concello de Boborás aprobou a súa adhesión o Consorcio do Noroeste, unha agrupación na que están integradas varios Concellos, todos eles gobernados polo PSOE, como son os de Maside, Piñor e Punxín, e outros da Comarca do Ribeiro, un proxecto inter-municipal ó que se une agora o Concello de Boborás, gobernado polo Partido Popular. A proposta de adhesión a este Consorcio do Noroeste parte do propio grupo de goberno do Concello de Boborás, que lidera o Alcalde Cipriano Caamaño. Ademaís da integración do Concello de Boborás no Consorcio do Noroeste, tamén se aprobaron os estatutos que rixen esta asociación de Concellos, e nos que figuran as funcións e actividades que desenvolverá, entre as que están a xestión dos servizos de recollida deresiduos sólidos, os servizos sociais ou a consecución e desenvolvemto de proxectos e recursos europeos. Na actualidade, O Concello de Boborás forma parte da Mancomunidade de Concellos do Carballiño e tén cedido o servizo da recollida do lixo á Deputación Provincial. Ademáis, nesta mesma sesión plenaria extraordinaria da Corporación Municipal de Boborás, tamén se aprobou a relación de obras que se solicitarán a través do Fondo Estatal de Investimento Local, para este ano 2010. Serán o acondicionamento do local social de Brués e o seu entorno; mellora da rede de residuais e bombeo de auga na parroquia de Laxas; proxecto de aforro enerxético en Pazos de Arenteiro, e nos edificios da Casa do Concello e o Centro de Saúde de Boborás, e na mesma Consistorial unha obra de mellora da accesibilidade para as persoas con discapacidade. Seguiráse incidindo na mellora da seguridade vial nas estradas, e para este ano acometeráse esta actuación no treito ente Albarellos e Salón. No centro social de Cameixa instalaráse unha cociña para dar servizo á persoas con dependencia,. acometeráse a mellora da calefacción no centro social de Albarellos, e a adecuación da pista polideportiva de Feás, asi como un proxecto de ampliación das redes multimedia para o acceso libre ás redes de telecomunicacións. Completan esta relación actuacións de interese social, consistentes na contratación de dúas perosas como auxiliares par o servizo de axuda no fogar. En total, son 329.000 euros os que o Concello de Boborás vai destinar a financiar estas obras.