O Alcalde de Boborás, a favor da planta de residuos "as plataformas en contra só utilizan a demagoxia para opoñerse"
O Alcalde doutro dos concellos limítrofes có Irixo, o de Boborás, Cipriano Caamaño, manifestou que "non me cabe máis que felicitar ao Alcalde do Irixo e non só a él senón a todos os veciños porque haberá un antes e un despois".
Caamaño posicionouse públicamente a favor da instalación no Irixo da planta de residuos, preguntado sobre este asunto no transcurso dunha entrevista en COPE O Carballiño, engadiu "coas novas técnoloxias que dende o punto de vista técnico están moi avanzadas, non ofrecen risco para o medio ambiente, todo o demáis, as plataformas que se están montando e chamando á movilización, están xogando coa demagoxia, a idea non é concienciar á xente nin advertír dun perigo, a idea é política", dixo.
Máis adiante, e unha vez que se lle recordou que ademáis de Alcalde é Médico, Cipriano Caamaño suliñou "por eso estou na obriga de coñecer como funcionan este tipo de plantas, e nin nas augas freáticas nin na atmósfera, se as plantas se montan coas garantias necesarias e teñen posteriormente a debida observancia, non ten por qué haber ningunha preocupación".
Finalmente, o Alcalde de Boborás engadiu que "estáse montando unha campaña social e mediática por parte dun sector que quere impoñerse coa mentira e que está moi mal documentado, e o único que pretende é amedrentar e engañar á xente".