O Alcalde de Leiro en COPE "non entendo como o PSOE non apoia a construción do centro de dia". Os socialistas cualificano de "cinico"
A corporación municipal de Leiro aprobou o convenio coa Xunta para a construción do centro de dia, cos votos a favor do Partido Popular, BNG e Independientes e a abstención dos socialistas.
Precisamente, a postura dos socialistas foi motivo de comentario polo alcalde Francisco Fernández no transcurso dunha intervención nesta emisora de radio "non entendo como o PSOE non apoia un proxecto que vai ser un gran beneficio para o pobo co único argumento de que este convenio chegaba tarde" e engadíu "é algo absolutamente inaudiito, vaise investir unha importante cantidade en Leiro, ademáis de crear entre 20 ou 25 postos de traballo, ademáis de dar un servizo esencial, e dín que chega tarde, non entendo esta oposición", salientou o alcade.
O convenio sí contou co voto favorable do concelleiro independiente e do represante do BNG, Luis Pérez "Ficol" que recordou como "este proxecto comezou a xestarse na etapa do Bipartito cando o BNG tivo responsabilidades de goberno na Xunta, foi daquéla cando o proxecto recibíu o apoio definitvo", subliñou.
O convenio fixa que a aportación autonómica será de 1 millón de euros, mentres que pola súa parte o concello pon a disposición os terreos nos que se vai construir o edificio.
O alcalde prevé que "este mesmo ano comezará a fecerse realidade o proxecto, agora o concello vai xa preparar o concurso público para a licitación da obra", asegurou.
Non pensan o mesmo no PSdG, a concelleira Maica Fernández considera "que no mellor dos casos o centro de dia non estará aberto antes de 2016, nos estamos contentos de que Leiro vaia ter un centro de dia e que se invista en Leiro, o que sí pedimos é que o proxecto se faga con rigor e non pase como co balneario de Berán, onde se gastaron 3 millós de euros e ianse crear moitos postos de traballo e todos sabemos como está".
O Grupo Socialista de Leiro denuncia o cinismo do P.P. ante a rebaixa de 5 euros por asistencia a Plenos, Xuntas de Goberno e Contas, e lamentan "a falta de seriedade das súas manifestacións sobre o feito de que o seu traballo debe estar ben remunerado". Critican que non se rebaixe o soldo do teniente alcalde así como as dietas e kilometraxes do alcalde "nestes tempos de crise donde hai familias que carecen dos bens máis básicos".
Os socialistas de Leiro instan ao alcalde para que non se cobre nada por asistencia a Plenos, Xuntas de Goberno e Contas así como que se rebaixen os soldos e kilometraxes e que eses cartos se destinen "a favorecer as necesidades dos veciños de Leiro".