O alcalde de Maside anuncia unha rebaixa nos impostos do IBI e o ICIO
José Manuel Iglesias, que a principios do pasado mes de Decembro accedía á alcaldía de Maside tras a renuncia de Celso Fernández, vai trasladar ao pleno da Corporación a celebrar este mércores 30 de Xaneiro a súa proposta para rebaixar os impostos municipais do IBI e o ICIO.
O rexedor municipal anuncia que vai propoñer a redución ao 0,4% do tipo impositivo municipal no Imposto de Bens Immobles, que se encontra no 0,5, polo que se vai aplicar "a máxima redución que os concellos poden aplicar". No ano 2017 o gravame estaba fixado no 0,6 no concello masidao, polo que esta nova rebaixa será a segunda consecutiva.
Según Iglesias, esta rebaixa no IBI "vai supoñer que quen pagase 600 euros no 2017 pasará a pagar 400 no próximo exercicio, o que vai repercutir moi favorablemente na dinamización demográfica de Maside".
Dotra parte, o alcalde "quere darlle un maior impulso á rehabilitación de vivendas antigas en mal estado, por eso aprobarémos no pleno desta semana unha bonificación que chegará ata o 75% no Imposto de Construccións, Instalacións e Obras, ICIO".
No caso das vivendas en mal estado anteriores a 1975 terán unha redución do 50% nese 2% do coste da execución material da obra que se paga na actualidade, mentres que no caso de que a vivenda estivese en zona clasificada como casco antigo, esa redución chegará ata o 75%, según a proposta da alcaldía.