O alcalde de Maside quere recuperar a área termal de Manzós. Escoita aquí o repaso á actualidade municipal neste concello en COPE O Carballiño.

6, Xuño 2024

O alcalde de Maside José Manuel Iglesias agarda a colaboración da Deputación e a Universidade de Vigo para recuperar as augas termais de Manzós, na parroquia de Louredo.

José Manuel Iglesias tamén quere poñer en valor as augas minero-mediciais da Rañoa. O rexedor municipal avanzou no transcurso da súa intervención radiofónica en COPE O Carballiño outras obras e proxectos que van executarse este mesmo ano no municipio, e atendeu as preguntas, queixas e suxerencias da audiencia desta emisora de radio.

Escóitao aquí: