O alcalde de Piñor anuncia para o próximo dia 23 a inauguración da área de servizo de autocaravanas, a primeira homologada da Comarca

11, Novembro 2019

O concello de PIñor ten programada para o sábado dia 23 deste mes de Novembro a inauguración da Área de servizo de autocaravanas, habilitada no monte comunal de Cestos, nas inmediacións da localidade de Cotelas, nunha zona próxima á ruta xacobea da Via da Prata e o mosteiro de Oseira.

Trátase da primeira área de servizo de autocaravanas homolodada da Comarca do Carballiño, este novo equipamento turístico supuxo un investimento de 78.478 euros aportados pola Consellería de Cultura e Tuismo.

Coincidindo coa inauguración, terá lugar unha concentración promovida pola Asociación Galega de Autocaravanas entre os dias 22 e 24, que incluirá a celebración do magosto e a asamblea anual de socios desta asociación de autocaravanistas.

O alcalde piñorense, José Luis González, avanzou en COPE O Carballiño que no próximo pleno municipal deste mes de Novembro aprobaráse unha ordenanza municipal que regulará o uso deste servizo e anunciou que será gratuíto.