O Alcalde do Carballiño asegura que se restablecerá a legalidade urbanística na rúa Río Avia

14, Abril 2009

Carlos Montes

Unha denuncia pública do portavoz municipal do BNG, Manuel Amil, no programa "A MAÑÁ DE COPE O CARBALLIÑO", motivou unha rápida actuación dos responsables municipais en relación o cerramento da rúa Rio Avia, que foi tapiada cun muro de perpiaño  polos promotores dunha obra en construcción. Antes, a emprresa que executou a construcción do novo paseo fluvial do río Arenteiro cerrrara o paso coa instalación dun valado metálico apoiado nun cerramento de bloques de cemento, no proxecto que estivo financiado pola Confederación Hidrográfica.

A rúa Río Avia comunica a avenida do balneario co río arenteiro, bordeando o balneario, e convertiráse agora no acceso máis directo desde o centro urbano para acceder o novo paseo fluvial.

Declaracións Carlo Montes

Trátase dunha via pública que como salientou o concelleiro nacionalista "os veciños teñen coñecemento dela desde tempos inmemoriais, e que moitos carballiñeses utilizabamos noutros tempos cando era habitual bañarse no verán na presa do balneario". O BNG, alertado da situación polos veciños do entorno, presentou ademáis un escrito no rexistro municipal no que se poñía os resposables municipais en antecedentes. Desta vez, a actuación foi inmediata.O Alcalde Carlos Montes, acompañado do Concelleiro de obras, Edelmiro Mateo, e o arquitecto municipal, achegaronse ata esta rúa, onde poideron comprobar a veracidade dos feitos denunciados. O rexidor municipal asegurou, preguntado sobre o asunto por COPE O CARBALLIÑO, que xa se ordenara por parte do Concello o restablecemento da legalidade urbanística. Tanto o muro de perpiaño como o valado do paseo fluvial deberán ser derrubados na zona onde invadiron espazo público.