O alcalde do Carballiño citado no Xulgado como investigado por presunta prevaricación, Fumega deberá declarar en relación á reposición da legalidade urbanística nun céntrico edificio
O Alcalde do Carballiño e responsable municipal de Urbanismo, Francisco Fumega, está citado na súa condición de investigado para tomarlle declaración o próximo dia 1 de Decembro no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción nº 2 do Carballiño, e no marco dun procedemento de dilixencias previas que foron abertas tras a denuncia presentada por un veciño exercendo a acción pública e cuestionando a actuación do concello do Carballiño en relación a unha resolución municipal de reposición da legalidade urbanística.
O conflicto urbanístico que da lugar a esta investigación xudicial remóntase ao ano 2008 con Carlos Montes na alcaldía, cando o concello dera un prazo de tres meses ao propietario dun edificio ubicado entre a Praza da Alameda e a rúa Rosalia de Castro, e con fachada a ambos lados, para que restituíse a legalidade urbanística, ordenando o derrubo dunha planta do edficio, tendo en conta que sobrepasaba a altura establecida no Plan Xeral de Ordenación Municipal –PXOM- vixente dende o ano 1999.
A Dirección Xeral de Urbanismo da Xunta rexeitara unha modificación puntual proposta polo concello carballiñés para pedir a compensación de alturas entre a rúa Rosalía de Castro e Alameda, polo que o ático non é legalizable. Non obstante, doce anos despóis non se executou a órden de derrubo, nin por parte do propietario nin por parte do concello.
A actuación municipal en relación a todo este asunto é o que motiva agora a investigación por presunta prevaricación ao actúal alcalde do Carballiño Francisco Fumega, que ademáis exerce directamente as competencias municipais de Urbanismo.