O alcalde do Irixo prevé que o PXOM entre en vigor en 2016 e anuncia a execución de varios proxectos durante os próximos meses
Tras permanecer de baixa durante unhos meses para recuperarse dunha doenza, o rexedor municipal ven de asumir novamente as responsabilidades na alcaldía do Irixo.
Manuel Penedo avanzou -no transcurso dunha interveción nesta emisora de radio- que para o primeiro semestre de 2016 o concello do Irixo contará con planeamento urbanístico coa entrada en vigor do Plan Xeral de Ordenación Muncipal -PXOM- que "vai posibilitar aos veciños que poidan acometer a construcción de novas vivendas e tamén a ampliación de varios cemiterios parroquiais, que hai tempo que están agardando pola aprobación do PXOM para acometer eses proxectos para os que hai demanda en varias parroquias".
Outra das actuacións que se anuncian como próximas por parte do concello é a relativa a continuidade dos traballos de acondicionamento da chamada "Ruta dos Castros", que partindo do Muiño do Río, en Irixe, percorre polas antigas minas, o castro de Orros, o castro da Cidá, Valdesoiro, Santiso e Souteliño "será unha ruta dunhos 15 Km. e totalmente homologada", subliñaba Penedo.
Tamén anunciaba o alcalde do Irixo que o concello vai acometer obras de acondicionamento no centro social do Campo, para adaptalo á normativa como velorio "esto farémolo xa, e no transcurso dos próximos anos a intención é acondicionar o resto dos locais que están nesta mesma situación, que deben 8 no conxunto do Irixo, precisamente no pleno que celebrarémos o próximo mércores tomarémos un acordo para pedirlle á Xunta unha moratoria de dous anos para adaptar este locais sociais á normativa", dixo.