O Alcalde do Irixo recibe o "Premio Dioxina" concedido por ADEGA
Non tivo outra máis que aguantar o tipo e facer de tripas corazón, aconteceu ao rematar o pleno da corporación do Irixo, alí presentouse un representante da organización ecoloxista para facerlle entrega do premio.
O singular galardón concedese con carácter anual a "actuación máis agresiva e insustentabel" e recibiuna o Alcalde do Irixo "polo servilismo e desleixo amosados diante a amenaza que para o ambiente e a saúde dos seus veciños representaba a construcción dunha incineradora de residuos no seu concello", según recolle a acta do xurado. O ecoloxista de ADEGA, vestido de Papa Noel, conseguíu facer entrega do premio a Manuel Penedo, que o recolleu con retranca, afirmando que o premio merecía un acto máis solemne.
Numeroso público e abandono do pleno do concelleiro socialista
O punto máis relevante do pleno, o dos orzamentos municipais de 2013, aprobouse sen ningún tipo de debate por parte da corporación. Chegados a ese punto, o concelleiro socialista Javier Rodríguez -único representante da oposición- optou por abandonar o pleno e non participar na votación, xa que -explicou- recibíu a notificación da convocatoria do pleno "o venres ás 6 da tarde, o sábado díxoseme que non podía ver o expediente porque non estaba o secretario, asi que ata onte non puden ver a documentación, e non tiven tempo suficiente para estudiar os orzamentos, pode que a eles esto non lle interese, pero a min si, asi que por coherencia non podo votar unhos orzamentos que aída teño que estudar", manifestou en COPE o concellleiro socialista.
Os orzamentos aprobados polo Partido Popular ascenden a 1 millón de euros, dos que algo máis dun tercio será para cubrir os gastos de persoal. No documento contabilizanse 200.000 euros que recibe o concello do Irixo a través do AGADER, un proxecto que xestiona fondos europeos para o desenvolvento rural, e co que se completará o equipamento do polideportivo e a cubrición dun lavadoiro en Dadín, asi como a recuperación dun muiño "con finalidade turística", según apuntou o rexedor municipal.