O alcalde do Irixo reparte persoalmente alimentos entre as pesoas maiores. O 60% da poboación do municipio supera os 60 anos.
Un dos grupos de maior risco polo contaxio de coronavirus é o das persoas maiores, que no caso do concello do Irixo contitúe o segmento maioritario, xa que do total de 1.466 habitantes que ten o municipio o 60% supera os 60 anos de idade, e dentro deles o grupo máis numeroso é daquélas persoas que teñen máis de 80 anos.
Neste contexto, a situación de alerta sanitaria polo coronavirus, motiva que unha da poboacion estea sendo obxeto dun seguimento especial por parte do concello, tratando de atender as necesidades básicas para estas persoas, que en non poucos casos viven soas e mesmo alonxadas 10 kilómetros e máis da capitalidade municipal, como acontece con distintas localidades da zona de montaña do concello do Irixo.
O alcalde Manuel Cerdeira encabeza o grupo de traballadores e voluntarios que está distribuindo alimentos de aldea en aldea, e atendendo outras necesidades.
Para calquera aviso, o concello do Irixo recorda que os teléfonos aos que hai que chamar son : 653 640 678 e 988 287 400.