O Almería, o rival da primeira división co que xogará o Arenteiro na Copa do Rei
O equipo da primeira división visitará O Carballiño o sábado 12 ou o domingo 13 do próximo mes de novembro, en data e horario aínda por confirmar.
O equipo almeriense, un recén ascendido á maxima categoria do fútbol español, ocupa na actualidade o posto número 14 da clasificación na competición de liga. A súa mellor tempada na copa do rei foi na 2010-2011 cando alcalnzou as semifinais, quedando a un paso da final despóis de caer eliminado polo Barcelona FC.