O alumnado carballiñés de infantil e primaria recibe máscaras para sensibilizar sobre a desigualdade e a violencia contra as mulleres
A Concellería de Benestar Social, Igualdade, Sanidade, Educación e Normalización Lingüística do Concello do Carballiño, a través do Centro de Información da Muller (CIM), está levando a cabo unha campaña dentro do marco do Pacto de Estado para a prevención, sensibilización e visualización da violencia contra as mulleres.
En concreto, estanse a entregar mascarillas para os alumnos e alumnas de infantil e primaria dos centros educativos da vila. A concelleira desta área municipal, Guadalupe Sobrado, visitou os centros para realizar esta entrega.
O obxectivo desta iniciativa, para a que se conta con 1.500 mascarillas, é fomentar accións de sensibilización da sociedade sobre o dano que produce a desigualdade e as condutas violentas, e axudar a tomar conciencia sobre a magnitude da violencia contra as mulleres e as consecuencias que ten para a súa vida e a das súas fillas e fillos.